Os traballadores de Sodexo desconvocan as xornadas de folga que tiñan previsto dende hoxe ata o xoves. As negociacións coa empresa, que se encarga dos comedores de Inditex en Narón, veñen de fructificar no último momento. A dirección comprométese a acabar coa sobrecarga que obrigaba ós empregados a coller numerosas baixas laborais.
- A Plataforma por un Transporte Digno en Ferrolterra convoca unha nova mobilización pro día 28. Baixo o lema "A Ruta dos Inocentes", marchará entre a estación de autobuses e o concello.
- Hoxe, derradeiro pleno ordinario do ano na Coruña. O goberno local aínda non presentou proxecto de orzamentos.
- Despois de case dúas semanas sen actividade, hoxe retómase o xuízo de Angrois en Santiago.
- O mozo de Neda detido por roubar tres autobuses ingresa en Psiquiatría do Hospital de Ferrol. Tratou de atropelar ó seu pai e á súa irmá