O alto prezo da electricidade obriga a parar a producción de silicio nun dos tres fornos cos que conta a fábrica de Ferroatlántica en Sabón, no concelllo de Arteixo.
É, alomenos, o que alega o grupo industrial Villar Mir, o seu propietario.
Os sindicatos lamentan que esta crise eléctrica chegue cando a fábrica empezaba a remontar pola suba dos prezos do silicio.
No río Tambre, afectado por vertido de xurro, mellora a situación na zona onde se capta a auga coa que se abastece á cidade de Santiago.
Este mércores volve o consumo en barra en cafeterías e bares. estaba prohibido desde hai ano e medio por culpa da covid.
O Concello de Teo paraliza a actividade na canteira de Casalanga. Di que a empresa Toysal incumpre a licenza.
Deportes. Estar na final da Liga de hokey a patíns é o obxectivo do adestrador do Liceo, juan Copa, para a nova temporada. A liga arranca esta fin de semana.