Resposta da Xunta ó concello da Coruña ante a petición de Inés Rey para que o goberno galego resolva a tramitación da Casa Cornide, en propiedade dos Franco, como Ben de Interese Cultural. A consellaría insiste: a protección é completa desde que se iniciou o procedemento polo que a rexedora non ten que esperar ó seu remate para reclamar a titularidade pública no xulgado. Os Franco veñen de poñer o palacete á venda nunha web inmobiliaria.
A Xunta adianta un día a reunión do presidente Alfonso Rueda coa alcaldesa da Coruña ante a protesta de Inés Rey pola data inicial.
A ANPA do instituto Cruz do Sar de Bergondo concentrarase ás nove e cuarto fronte ó concello en demanda de máis profesorado.
Emprego esixirá o mantemento de todos os empregos do centro de atención de chamadas de Naturgy na Coruña, Teleperformance, tras deslocalizar o servizo a Colombia.
Comeza na Coruña o festival Mar de Mares con exposicións, charlas e actividades pra limpar os fondos mariños.