Non remata a polémica en torno ó Sindicato de Traballadores da Limpeza na Coruña. Agora algúns empregados denuncian represalias dos responsables do STL, investigados na causa, por ter participado nunha reunión coa concelleira de Medio Ambiente para falar dos feitos.
As últimas informacións apuntan ademais que o Concello decidiu entrar na causa, persoarse, ó entender que houbo un grave prexuízo na prestación do servizo con consecuencias económicas tamén.
1. Comezan os novos horarios de recollida do lixo no casco histórico despois das queixas dos hostaleiros
2. Primeira oferta de adquisición dos terreos de Alú Ibérica na Coruña co obxectivo de construír unha fábrica de hidróxeno verde e outra de electrodos de grafito
3. Esixen reforzo de médicos na prisión de Teixeiro ante a saturación do punto de atención continuada da zona
4. A Pobra dá por superados os problemas de turbidez da auga que afectaron estes días ós veciños, nuns minutos conversaremos co alcalde