Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 16/07/21 16/07/2021 15:09

O Concello da Coruña propón mercar o 75 por cento do peirao de Batería.
O 25 por cento restante apartaríano o resto da administracións.
É a proposta que presentou este xoves na xuntanza da Comisión que estuda o futuro do porto interior da cidade.
O goberno local sostén que, deste xeito, blíndase a titularidade pública dos terreos portuarios.

Empeoran os datos da pandemia na provincia. En só 24 horas, houbo máis de 350 novos contaxios de covid.

Concentración na Coruña en contra do parque eólico da Pena do Corvo, en Monfero.


A xuiza que investiga a morte de Samuel Luiz cita esta mañá ós tres mozos maiores de idade detidos, para ratificar a súa prisión provisional.


Deportes: O base Monaghan renova co Basquet Coruña. Seá a súa sexta temporada. Os coruñese arrancan a nova temporada o 8 de outubro na pista do Cáceres.
 

Galicia Informativos
Más opciones