Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 16/11/23 16/11/2023 14:59

-Denuncian a saturación de alumnado no IES Plurilingüe da Ames. O Instituto estaba inicialmente pensado para uns 350 alumnos, e hoxe en día, conta con máis de 800.

-Os traballadores da empresa AMICOS, de atención a persoas con discapacidade, concéntranse esta tarde en Boiro para rexeitar o despedimento inxustificado, dín, dun traballador.

-A Mesa sectorial da Hostalaría de Santiago debatirá o próximo día 29 sobre a instrución de Urbanismo en materia de seguridade. O sector cre que o Concello está a facer unha interpretación restritiva da normativa.

Galicia Informativos
Más opciones