Detectado un gromo con 11 casos positivos de coronavirus entre os 120 asistentes a unha cea de Nadal en Santiago
Todos os infectados son médicos MIR, médicos internos residentes, que están a realizar a súa espècialidade na área sanitaria de Santiago/ Barbanza.
Os 300 MIR da área sanitaria, de tódolos servizos, serán sometidos a un cribado, con probas PCR, para coñecer se hai máis persoas infectadas de covid.
--- Novas protestas dos traballadores de Correos. Denuncian que o novo modelo de cartería é un desvío da carga de traballo a empresa privada Correos Express.
--- A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reinvindica o papel da cidade como motor económico de Galicia.
--- Deportes. O Deportivo quere dar sorpresa no Copa do Rei. As nove enfrontase ó Osasuna en Riazor. O Bergantiños, eliminado polo Rayo Vallecano.
--- No tempo da entrevista, falaremos co presidente da plataforma Víctimas do tren Alvia, Jesús Domínguez