Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 17/11/21 17/11/2021 14:59

Volve o carbón á central térmica de Endesa nas Pontes. Máis de 40 camións trasladan as 100.000 toneladas que se atopan a bordo de dous barcos atracados no porto exterior de Ferrol.
É probable que a térmica, pechada desde xuño de 2019, arranque de novo este mes, se llo ordena o xestor do sistema eléctrico español.
Pero sería unha posta en marcha puntual. Endesa mantén a súa decisión de pechar.

Dúas empresas queren construir unha central hidroeléctrica reversible en Cerceda, aproveitando a auga do lago de Meirama.

Os casos activos de coronavirus superan xa os 530 nas tres áreas sanitarias da provincia.

Estréase na Coruña unha exposición conmemorativa dos 30 anos da coordenadora galega de ONGs para o Desenvolvemento. A exposición viaxará por toda Galicia.

Deportes. O victoria da Coruña debuta esta tarde na Copa do rey de fútbol. Se lle gaña ó Hernani, xogará a próxima eliminatoria contra un equipo de primeira división.

Galicia Informativos
Más opciones