Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 18/06/21 18/06/2021 15:02

  Traxedia no mar. Dous mariñeiros, veciños de Porto do Son , perden a vida no naufraxio dun pesqueiro na costa de cedeira. Os outros oito tripulantes foron rescatados con vida por outras embarcación que se atopaban na zona. O barco quedou coa quilla cara o sol. Todo a apunta a un golpe de mar.

 O comite  de navantia ferrol reunense esta mañá co conselleiro de industria. Reclaman carga de traballo ata que non comence a consturcción das fragatas.

 Veciños e traballadores de as pontes manifestante diante da xunta para esixir unha transición enerxetica xusta que permita o mantemento dos postos de traballo.

 Repuntan os casos de coronavirus na area da coruña. Nas últimas horas faleceu unha muller por mor da covid no hospital da coruña.

Galicia Informativos
Más opciones