Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 18/10/22
18/10/2022
15:05
Nove millóns de euros para a estación intermodal da Coruña; aprobación antes de que acabe o ano da ampliación de Alfonso Molina e no comezo de 2023 licitación do proxecto da cuarta rolda. Son os principais compromisos da ministra de Transportes coa alcaldesa Inés Rey, que aproveitou para criticar o reparto que realizou a Xunta dos fondos europeos.
Propietarios de pisos turísticos de Compostela entregan nuns minutos máis de 5 mil sinaturas pra legalizar as vivendas.
O tribunal de xustiza paraliza cautelarmente o parque eólico de Greenalia en Coristanco e Carballo.
Retómase a busca dunha veciña de Santiago con alzheimer que desapareceu no barrio de Conxo.
A Coruña será a sede do WOMEX 2023, evento de referencia internacional no panorama musical.