Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 18/10/23 18/10/2023 15:01

Pendentes do paso a disposición xudicial do home de 49 anos detido en Ferrol como presunto autor do homicidio de Elisa Abruñedo, asasinada hai máis de dez anos en Cabanas. Será, previsiblemente mañá.

Un xulgado de Santiago anula a decisión de ampliar o Hospital da Coruña na actual localización. A resolución estima o recurso presentado polos afectados polas expropiacións

En Santiago, a ANPA do colexio Pío XII rexeita o ofrecemento do Concello pra aparcar 25 minutos gratis no párking de Galeras. O edil do ramo insiste en que é a mellor solución.

BiciCoruña alcanza un millón de usos no que vai de ano. O servizo municipal entregou onte un agasallo á usuaria número un millón.

Galicia Informativos
Más opciones