Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 19/05/21
19/05/2021
14:58
Nova protesta dos traballadores do naval da ría de Ferrol.
A partir das nove e media, empregados de Navantia e das empresas auxiliares percorrerán a pé 15 kilómetros. Algúns pola Autoestrada Ap 9.
Reclaman carga de traballo.
Dimite a concelleira de servizos sociais de Ribeira por unha festa ilegal que organizou o seu fillo e na que participaron uns 20 mozos.
O conselleiro de Cultura encarga informes a expertos e institucións que demostren a galeguidade das estatuas do Mestre Mateo e da biblioteca de Pardo Bazán que se atopan no Pazo de Meirás.
O concello de Santiago presenta hoxe en Fitur 26 cortos cos que pretende atraer turistas.