A nosa provincia non queda fora da repunta da Covid dos últimos días. Houbo máis de 350 novos contaxios nos tres días pasados pero é que nos dous últimos, superaronse os 400. Tamén aumenta a presión hospitalaria. E o único bo é que non se contabilizaron mortes.
Asociacións da memoria de Ferrol lembraron o 18 de xullo de 1936. Piden un monumento para honrar ás máis de 900 persoas asasinadas durante a dictadura na comarca de Ferrolterra.
Uns 50 mil peregrinos poderían asinar a Compostela neste mes de Xullo. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que é proba de o Camiño está a renacer.
O Tribunal Superior de Xustiza denega a solicitude de Sacyr e outras empresas de anular a concesión da EDAR de Bens a Canagua. A UTE ainda pode recorrer en casación.