Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 19/10/23
19/10/2023
14:56
O forte temporal da pasada tarde provoca inundacións en Santiago e na Coruña. A nosa provincia foi a máis afectada, con 99 incidencias, cebándose especialmente coa capital.
-Está previsto que hoxe pase a disposición xudicial do xulgado número 2 de Ferrol o home detido en Ferrol como presunto autor do homicidio de Elisa Abruñedo, asasinada hai máis de dez anos en Cabanas.
-A asociación veciñal de Eirís e a plataforma de afectados pola ampliación do Hospital da Coruña anuncian novas accións legais, logo de que un xulgado de Santiago anulase o plan de espazos da Xunta.
-O Concello decretou a suspensión temporal da actividade na sala Malatesta, logo da inspección realizada por técnicos de Urbanismo tralo incendio do 8 de outubro