A resolución da venda da fábrica de alumnio de Alcoa en San Cibrao vai paseniño. Trala entrevista que a ministra de Industria mantivo onte en Estados Unidos coa dirección da multinacional pode deducirse que Alcoa está disposta a vender pero non están tan claras as condicións que impón.
A Xunta e o comité de crise das Pontes piden a Endesa que concrete os proxectos industriais que ten para a comarca.
Leve ralentización da pandemia nas provincias da Coruña e Lugo. A presión hospitalaria aumenta sobre todos na área sanitaria de Ferrol mentras que a de Lugo continúa sen ingresados en UCI.
Pais e nais dun colexio de Fisterra concentráronse na vila da Costa da Morte para reclamarlle á consellaría de Educación que dea marcha atrás na súa decisión de suprimir unha das aulas do Colexio Areouta, no Sardiñeiro. Quedaría agrupados nunha soa clase.