Xa está no cárcere o presunto asasino da coruñesa Mónica Marcos. José Ramón Guerreiro, a súa parella, xa pasou a noite no penal de Teixeiro.
A xuiza de garda ordenou o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza por homicidio doloso, coas agravantes de alevosía e ensañamento.
O acusado negouse a declarar en sede xudicial e tamén diante da policía.
Desde hoxe e ata o 4 de outubro, os coruñeses poden presentar propostas sobre a cidade ou o seu barrio para incluir na partida de orzamentos participativos
O alcalde de Zas fai pública a carta que lle remitíu ó presidente de Abanca pedíndolle que no pechara a sucursal no municipio. 15 días despois non ten resposta.
Deportes. O Obradoiro comeza Liga ACB con derrota. Perdeu na pista do Unicaja.
No tempo da entrevista, falamos coa alcaldesa de Betanzos, maría Barral.