Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 20/11/23 20/11/2023 14:49

Máis de cincocentar persoas quedaron tiradas esta mañá sen poder chegar aos seus destinos, logo dunha avaría no tren de madrugadores con destino A Coruña. Renfe está a substituír os servizos con autobuses.

-A Coruña é a provincia galega onde máis descendeu este ano o número de mortos nas estradas. Ata o 31 de outubro, perderon a vida en sinistros de tráfico vinte persoas, fronte ás 38 do mesmo periodo do ano pasado.

-Os traballadores do Concello de Cambre denuncian a falta de persoal en todos os departamentos, dificultades nos pagos das facturas e nas contratacións

-En Santiago, vai a máis a polémica a raíz da campaña de inspeccións a locais nocturnos anunciada polo Concello tralo incendio da Sala Malatesta

Galicia Informativos
Más opciones