Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 20/12/21 20/12/2021 15:01

Comeza a campaña de extracción do percebe do Roncudo, en Corme, con boas expectativas polo estado do mar e cun prezo desde 40 euros o kilo.

Día de inauguración do AVE a Galicia, o alcalde de Santiago agarda que a alta velocidade chegue nuns meses, en xuño, á capital galega.

Nos deportes, triunfo do Depor no último partido do ano, remata líder con 5 puntos de vantaxe.

Da pandemia, máis de 4 mil casos activos na nosa provincia. A área da Coruña Cee é unha das catro máis afectadas de Galicia con máis de 2.300 casos.

No tempo de entrevista, falaremos coa concelleira de medio ambiente da coruña, Esther Fontán, sobre os concellos con modelo alternativo na recollida do lixo, que defenden o seu sistema fronte á nova lei.

Galicia Informativos
Más opciones