Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 21/12/21 21/12/2021 14:58

Debate sobre o saneamento e depuración das augas a Ferrol e Narón con críticas a actual xestora EMAFESA.. o convenio está a piques de caducar, a plataforma pola remunicipalización pide un cambio pra deixar de prexudicar ós veciños.

Veciños de Oleiros esixen un paso de peóns ante a perigosidade dun trazado con varias paradas de transporte escolar.

Máis de 200 persoas maniféstanse en Compostela en apoio a Chema Naia no comezo do xuizo por supostamente atentar contra a autoridade.

Nos deportes, suspendido o partido do depor femenino desta tarde tras detectarse un positivo por covid.

Son 4.500 os casos activos na provincia tras detectarse máis de 300 positivos nun día, con Santiago como líder de novos contaxios.

No noso tempo de entrevista falamos dunha experiencia pioneira na residencia de maiores Porta do Camiño coa súa directora, Vanesa Castro.
 

Galicia Informativos
Más opciones