Os traballadores de Alu Ibérica avalían hoxe a última decisión xudicial sobre o plan de liquidación da administración concursal. Un plan que vén de aprobar a xuíza e que os empregados da fábrica, agora en ERE, non ven, polo menos inicialmente, con bos ollos, porque non implica ningunha obriga con respecto ó ámbito laboral.
Os traballadores de INOSA concéntranse esta mañá en Carballo por mor do despedimento de cinco compañeiros. Denuncian que a medida se tomou como represalia por non querer baixar o soldo.
Goretti Sanmartín volverá se-la candidata do BNG nas próximas eleccións municipais. Márcase como obxectivo a consecución da alcaldía.
A Federación de ANPAS de Santiago cualifica de "caos" a xestión dos campamentos de verán do concello. Entende que moitos nenos quedaron sen praza de xeito innecesario.