Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 23/05/23
23/05/2023
01:55:40
Os traballadores da recollida do lixo de ames reunirarnse hoxe coa concesionaria do servizo, URBASER, pra firmar un convenio que poña fin a folga.
Os empregados piden unha suba de soldo do 12% en dous anos. A empresa só ofrecía unha paga non consolidable de cincocentos euros.
Na coruña os traballadores de Nostían tratarán de acordar coa empresa melloras das condicións. A alcaldesa Inés Rey agarda que teña un desenlace positivo.
As traballadoras de Axuda no fogar de Santiago mantiveron a primeira xornada de folga intermitente cunha manifestación polo centro da cidade.
A Policía continúa coa busca da arma de fogo empregada na agresión de Ribeira a un mozo de 27 anos. Mentres o SUP pide máis axentes pras comisarías provinciáis.