Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 23/09/21 23/09/2021 15:04

Navantia Ferrol comezará, en marzo de 2022, a construcción das fragatas F-110 para a armada española.
Confirmouno o presidente do estaleiro público Domínguez, durante a inauguración, este martes, do novo Centro de Excelencia do Sector Naval, o CESENA.
Este centro encargarase da dixitalización de tódolos estaleiros de España. Dependente da empresa Siemens, xa emprega a 50 enxeñeiros.

Arranca en Santiago a inoculación da terceira dose da vacina contra o coronavirus nas residencias de maiores.

O TRAMO Melide-Palas de Rei autovía A-54, que unirá Santiago con Lugo, está executado ó 50 por cento.

O concello de Santiago destina este ano 650 mil euros á bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares.

Deportes. Celso Borges abandona o Deportivo e regresa a Costa Rica. Acadou un acordo co club que preside Antonio Couceiro.

Galicia Informativos
Más opciones