Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 23/11/21
23/11/2021
15:00
A central térmica de Endesa nas Pontes volve producir electricidade desde este luns. Faino por orde do xestor do sistema eléctrico español.
Pero esta reapertura é temporal.
O seu director confirma que a compañía eléctrica mantén en vigor o seu plan de peche total.
As taxas da deputación da Coruña xa se poden pagar en calquera oficina de Correos de España
O concello da A Coruña amplía a validez dos bonos PRESCO ata o 31 de decembro.
Deportes. O Deportivo pechou a temporada 2020/21 cunhas perdas de máis 11 millóns de euros. Este ano tamén haberá números vermellos.
No tempo da entrevista, falaremos co alcalde de Ames, con Blas García.