Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 24/05/2021 24/05/2021 15:03

A deputación da Coruña pon hoxe a disposioción de hosteleiros, axencias de viaxe e hoteleiros 9 millóns de euros en exudas para paliar a crise provocada polo coronavirus.
 O goberno provincial pagará estas axudas nun prazo máximo de tres días e medio, logo da presentación da solicitude.

  --- A Xunta incoa este luns o procedemento para declarar Ben de  Interese Cultural a Casa Cornide da Coruña, propiedade da familia Franco.


 --- O concello de Santiago pon en marcha un dispositivo especial de tráfico na contorna na da nova estación de autobuses, en servizo desde o sábado.


 
 --- Seguen as protestas veciñais contra os parques eólicos. Esta fin de semana, houbo manifestacións emn  Ferrol, Laxe e Vimianzo


 --- Deportes. Nova derrota do Deportivo feminino e segue en postos de descenso. O Obradoiro remata a liga Acb cunha derrota na pista do Burgos

Galicia Informativos
Más opciones