Os indicadores epidemiolóxicos da pandemia na área sanitaria da Coruña/CEE preocupan ós responsdables de Sanidade.
A incidencia acumulada é de 70 casos de coronavirus por 100.000 habitantes a 14 días. Supera a media de Galicia.
Tamén se detectaron casos da variante delta ou india da Covid. Hai 15 infectados entre A Coruña e Vigo
En Ferrol, o concello investirá 700.000 euros en obras de acondicionamento da urbanización Cidade Xardín.
Campaña veciñal en Santiago para abrir un debate sobre o modelo de xestión do servizo de abastecemento de auga
O cárcere de Teixeiro inaugura un segundo módulo de respeto mixto para preparar ós presos para a reinserción social e laboral.
Deportes. O Deportivo Xuvenil busca esta tarde en Marbella un posto na final da Copa de Campións. Enfróntase ó Real Madrid.