Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 24/11/21 24/11/2021 14:59

Dúas empresas galegas - Copasa e Obras Taboada Ramos - construirán o edificio de viaxeiros da estación intermodal de Santiago. Son as gañadoras do concurso convocado polo ADIF.
As obras, orzamentadas en 30 millóns de euros, comezarán nos primeiros meses do ano que ven.
Poderían estar rematadas en 2024.

O goberno local de Santiago comprométese a reparar o noiro do Pombal. Foi nun pleno monográfico promovido pola oposición. O murom leva dous anos no chán.

 O concello da Coruña participará na celebración do 175 aniversario do Círculo de Artesáns. Catalogará a súa valiosa biblioteca, que poderá ser utilizada polos opositores.

 Ribeira cédelle a Xunta unha parcela de 3000 metros para construir unha residencia de maiores.


No tempo da entrevista, falaremos coa escritora Mercedes Cebrián. É a primeira bolseira de Residencia Literaria 1863 da Coruña.
 

Galicia Informativos
Más opciones