Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 25/09/23 25/09/2023 14:57

O presidente da Xunta esixe ao Goberno central concreción sobre as transferencias económicas que lle corresponden a Galicia o próximo ano. Nunha entrevista en Radio Nacional, Alfonso Rueda indicou que descoñecen as cifras e que, sen elas, o executivo autonómico non pode elaborar os seus orzamentos para 2024. Tamén pide que non se priorice a Cataluña. E sobre as eleccións galegas: non concreta datas, só di que serán, como moi tarde, en xuño.

Todo nunha xornada na que comeza a dobre vacinación de covid e gripe nas residencias de maiores. E a do virus respiratorio sincitial en bebés.

E comezan as obras de reparación da ponte da Nacional 541 en Cerdedo Cotobade no que se produciu o accidente do autobús a Noiteboa pasada con sete falecidos.

Por certo hoxe está prevista a chegada a Galicia do rei emérito pra, unha vez máis, participar nunha regata en Sanxenxo. O xoves cadrará en Galicia co rei Filipe, que estará na Toxa na inauguración do foro anual que se celebra na illa.

Galicia Informativos
Más opciones