Segundo día de busca do mariñeiro, residente en Arteixo, que desapareceu este martes no mar ao caer mentres faenaba do barco galego Novo Xoel, con base en Camariñas. O suceso ocorreu en Cantabria, a cinco millas do lugar de San vicente de la Barquera.
Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Pablo Montero
SINTONÍA TITULARES
- .. Sen acordo entre as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e a concesionaria SERVISAR . A empresa segue negándose a retirar a súa proposta de cambio de condicións laborais. E as traballadoras ameazan con ir á folga pra primeiros de maio se a empresa non muda a sua postura.
- . A CNT demanda ao concello de Muros por douscentos mil euros porque di que
é a débeda acumulada polas horas extraordinarias do servizo de emerxencias do concello nos tres anos anteriores ao 2023.
- . Comisións obreiras asina o preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña, que regula as condicións laborais de máis de 20 mil persoas. Entre outras cousas supón un aumento de salario do 11, 5 por cento e a incorporación do sector moble.