Partido socialista e Marea Atlántica acadan un acordo sobre as ordenanzas fiscais da Coruña para 2022.
Pagarán máis os que máis teñen.
As empresas de telefonía pagarán polo uso do espazo público e os bancos polos caixeiros.
O acordo será aprobado hoxe pola xunta de goberno e debaterase no pleno do 4 de novembro.
--- Familias dunha decena de colexios públicos da Coruña protestan pra esixir máis profesores e pedagogos.
--- O futuro centro de servizos innovadores pra empresas biotecnolóxicas de Santiago, Sionlla Biotech, xa ten unha parcela cedida polo concello.
--- O goberno local de Santiago cambia de opinión e, finalmente, haberá cabalgata de Reis.
--- Deportes.
--- No tempo da entrevista, falaremos coa alcaldesa de Muros, con Inés Monteagudo.-