Galicia Informativos   Informativo A Coruña 8:45 - 28/02/22 28/02/2022 15:02

Sen solución ó conflito da recollida do lixo na Coruña... hoxe comezan os reforzos da concesionaria nas quendas de mañá e tarde pra intentar sacar as bolsas dos contedores ateigados e das rúas ante os problemas das quendas nocturnas...

Preocupación en Val do Dubra pola intención dunha empresa de instalar un vertedoiro na parroquia de Niveiro, veciños e concello rexeitan o proxecto.

Queixas tamén da asociación de veciños de EIRÍS pola ampliación do complexo hospitalario, denuncian o gasto de fondos públicos nunhas instalacións moi deterioradas e avogan por construir un novo hospital.

Último día pra votar polo carballo do Banquete de Conxo pra que a árbore compostelá sexa a árbore europea do ano.

Nos deportes, o Deportivo xa non é lider de Primeira Federación tras empatar a cero co San Sebastian.

Galicia Informativos
Más opciones