Galicia Informativos
Informativo A Coruña 8:45 - 30/11/22
30/11/2022
15:00
A piques de se cumprir un mes do inicio da folga indefinida convocada pola CIG, as traballadoras do servizo de Axuda no Fogar da provincia, máis de mil e case todas mulleres, volven hoxe ao traballo. E fano porque finalmente UGT e Comisións non ratificaron o convenio que asinaran coa patronal en outubro e que, segundo estas traballadoras, perpetuaba a súa precariedade. Agora terán que empezar a negociar un novo marco laboral, pero non será doado pola negativa das empresas...