A continuidade da fábrica de Vestas en Viveiro podería conseguirse. Hai tres fondos de investimento interesados na factoría de Chavín. O malo é que poñen coma condición que a multinacional danesa non pare a actividade o 31 deste mes, como pretende.
Non é esta a única noticia industrial de hoxe relacionada coa Mariña. O Ministerio convocou unha reunión virtual con Alcoa para que explique os seus plans para o centro de San Cibrao.
Na Coruña, a cidade das TIC's albergará un centro para a investigación en avions non tripulados. Este xoves asinouse o convenio de cesión de espazo.
En Santiago, a vella estación de autobuses é xa parte do pasado. A Xunta agarda completar, na segunda quincena do ano que vén, a demolición.
Ferrol acomete a renovación do parque de Fontelonga, en Caranza. Ten un orzamento de cerca de 615.000 euros.