Galicia Informativos   Informativo A Coruña y Lugo 8:45 - 22/07/21 22/07/2021 15:07

Dous concellos da Coruña, Boiro e a Pobra, pasan a estar no nivel máximo de restriccións pola pandemia. Un escalón máis abaixo, no nivel medio, hai 13 concellos nas dúas provincias. Nuns como noutros, por exemplo, vai ser necesaria presentar documentación para poder entrar aos locais de hostelería.

Segue a tendencia a alza da pandemia. Nas últimas 24 horas rexistraronse preto dun cento de contaxios máis nas dúas provincias.

O xuiz pecha a instrucción do accidente de Angrois. Imputa ao maquinista e o ex responsable de seguridade de Adif, 80 delitos de homicidio e 145 de lesións por imprudencia grave profesional.

Este mediodía asinase en Fene un convenio entre Iberdrola, Navantia e Windar para crear unha fábrica dentro do estaleiro para infraestructuras da eólica marina. O volume de negocio pode acadar os 400 millóns de euros.
 

Galicia Informativos
Más opciones