Galicia Informativos   Informativo A Coruña e Lugo 8:45 - 24/06/22 24/06/2022 14:57

24 de xuño. Xornada festiva do San Xoán. Vimos de vivir a noite máis curta do ano, ou a máis longa, segundo se mire, porque para algúns aínda continúa a esta hora. Iso si, na Coruña, onde a celebración ten un significado moi especial, a partir das nove deben estar libres e limpos tódolos areais. En principio, a noite foi tranquila, mesmo con menos incidencias que na última celebración, en 2019.

A folga de Ryan Air tamén chega a Galicia. En España os auxiliares de vóo paran entre hoxe e o domingo. Moitos vóos poderían verse afectados no aeroporto de Santiago.

Aprobado o cinco por cento do Plan xeral de Lugo que estaba pendente desde 2011. É o que corresponde á zona rural.

As traballadoras da conserveira de Albo, en Celeiro, comezan as protestas polo anunciado peche da fábrica na Mariña. Quérese trasladar toda a producción a Salvaterra.

En canto á previsión pro resto da xornada... Hoxe agardamos ceos moi anubrados e precipitacións persistentes que se irán estendendo de oeste a leste durante a tarde.
As temperaturas descenderán lixeiramente. As máximas non pasarán dos 17 ou 18 graos nas principais cidades

Galicia Informativos
Más opciones