Galicia Informativos   Informativo A Coruña e Lugo 8:45 - 27/06/22 27/06/2022 15:01

As confrarías reclaman medidas anti-crise pro sector pesqueiro. Os pósitos da Coruña e Lugo únense á Federación Nacional ó considerar que o novo plan do goberno non atende as súas necesidades, ante a alza dos combustibles. Advirten de que a situación é insostible e reclaman unha reunión canto antes co ministro Luis Planas.

Os traballadores de INOSA, con sede no polígono de Sabón, en Arteixo, secundan hoxe unha nova xornada de folga. Protestan polo despedimento de cinco compañeiros.

Este domingo cumpriuse un ano da apertura ás visitas do Pazo de Meirás. O futuro dos bens do inmoble decidirase nunha vista xudicial que empeza o xoves.

As familias do colexio de Teixeiro recollen sinaturas en contra da supresión dunha praza de atención ó alumnado con necesidades específicas. Acusan á Inspección de actuar de forma incoherente.
 

Galicia Informativos
Más opciones