Segue a repunta dos casos activos de coronavirus.
Nas tres áreas sanitarias da provincia da Coruña, os persoas que padecen a enfermidade rondan xa as 1700
Só na área da Coruña/Cee hai case 1000 doentes.
Na provincia de Lugo, as persoas infectadas son xa máis de 450.
Baixan lixeiramente os contaxios.
En Lugo, o único investigado en 27 anos polo dobre crime do supermercado Cash Récord declara esta mañá diante da xuiza encargada do caso.
Os traballadores de TUSSA, a empresa municipal de transportes de Santiago, irán a folga os días 24 e 25 de xullo. Reclaman negociar o convenio colectivo.
A alcaldesa da Coruña acepta a condición da Marea Atlántica para pactar os presupostos de 2022, de poñer xa en marcha os orzamentos partipativos.
Unha aplicación de móbil dispoñible desde hoxe permite percorrer rincóns da Coruña importantes na vida de Emilia Pardo Bazán, contando coa guía da escritora de xeito virtual.
Deportes: O Obradoiro ficha ó pivot congoleño Viny Okouo. Ten 24 anos e mide 2, metros. A temporada pasada xogou no Guipuzkoa Basket