Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 04/09/24
04/09/2024
09:57
Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne
O novo curso político non comeza igual pra todos. A partir de agora haberá unha ocasión por periodo de sesións, na que os socialistas non poderán preguntar a Alfonso Rueda na sesión de control, en favor de Democracia Ourensana. O PSdG acusa ao PP e BNG de facer pinza pra silencialos.
Pola súa banda, os nacionalistas celebran que a Eurocamara debaterá as denuncias contra Altri a comezos de outubro.
Nos vindeiros minutos falamos tamén de migración. Porque 4 de cada cen traballadores por conta propia en Galicia teñen pasaporte estranxeiro, un dato que pode ser chave, segundo a unión de profesionais e traballadores autonómos, pra manter o rural vivo.