Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne
Volve ao debate o proxecto que Altri quere instalar en Palas de Rei tra-lo informe do consello da cultura galega que vaticinaba unha fractura importante no territorio galego.
A Xunta considera que está redactado cun claro nesgo.
Dende Bruxelas, a comisión europea aseguraba non ter constancia de que vaia contra a normativa de emisións. Pero di a plataforma Ulloa viva que é porque o proxecto non se presentou en instancias europeas.
Mentres, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid na reunión dos baróns populares onde reclamou un sistema de financiamento negociado entre todos.
E de volta en Galicia, o comité de Alcoa pide asegurar o futuro da planta da Mariña cunha reunión ó máximo nivel.
En deportes, o tenista Martín de la Puente acada o bronce nos xogos paralímpicos de París.