Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 08/01/24 08/01/2024 09:59

O asunto da contaminación do noso litoral polos pelets de plástico cobra día a día unha dimensión maior. A delegación do goberno informa de que poderían ser máis de 26 toneladas as que caeran do cargueiro e que agora están a ser espalladas por todo o noso litoral. Desde a Xunta aseguran que de por sí non son contaminantes pero hai que retiralas dos areais. Con este argumento non elevan a nivel dous a situación de emerxencia. Sendo só un, o goberno di que non pode colaborar nos labores de limpeza.

Mentras a Fiscalía do Estado xa abriu unha investigación por se se trata dun delito medioambiental.

Galicia Informativos
Más opciones