Finalmente a Xunta corrixe e toma a decisión e eleva o nivel de alerta pola contaminación de boliñas de plásticos no noso litoral. Anunciouno este mediodía o presidente da Xunta e mesmo rectificou ao seu vicepresidente primeiro que horas antes negara a necesidade de facelo. Rueda xustifica a decisión en que así o goberno central poderá colaborar nos labores de limpeza. Nas próximas horas farase efectivo ao cambio de nivel de emerxencia.
Mentras continúa a liorta entre goberno e Xunta sobre se o goberno autonómico estaba informado a comezos de decembro de que caeran en augas portuguesas os contedores que levaban os pellets de plástico. Moncloa insiste en que a Xunta o sabía e por iso llo trasladou aos concellos, pero desde Galicia negan que foran informados.