Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 10/01/24
10/01/2024
09:57
A xudicialización da contaminación mariña ocasionada polos marea de pellets de plástico xa está nas instancias galegas. O Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Noia acordou incoar dilixencias pola posible existencia dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente. Pasa asumir todo o traballo de instrucción.
Mentras, segue a tensión entre a Xunta e o goberno unha vez que xa se elevou a dous o nivel de emerxencia. O executivo galego quere que o Estado limpe nas augas pero a Ministra de Transición di que non é moi factible buscar no mar os sacos de pellets e menos os grans de plástico disemenados, que habería que recoller nas praias. Neste caso sería tarefa da Xunta.