Informativo Galicia 19:50 - 16/09/24
Tres traballadores dunha empresa de pintura de Carballo, pinturas Gis, morreron esta maña en León, na nacional Sexta á altura do municipio de Carracedelo. Foi despois de que a furgoneta na que viaxaban batese contra un camión. Un cuarto traballador está ferido grave e tamén resultou lesionado o conductor do camión.
Polo demáis, a actualidade política continúa pendente da reunión entre Pedro Sanchez e Alfonso Rueda deste próximo venres. Unha xuntanza que se enmarca na rolda de contactos que está mantendo Sánchez cos presidentes autonómicos e na que en principio non se vai chegar a ningún acordo en clave de financiamento xa que Rueda defende que o foro debe ser multilateral. Si levará na axenda a AP-9 ou outras infraestructuras pendentes