Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 19/12/24 19/12/2024 09:55

Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne

Viveiro, A Coruña, Santiago, Moaña, Vigo, Betanzos ou Ourense. Son algúns dos lugares nos que a Marcha Mundial das Mulleres convoca mañá pola tarde á cidadanía a saír ás rúas para dicir 'basta xa' á violencia de xénero tralo asasinato de Rejane en Covas. O sospeitoso pasará mañá a disposición xudicial.

De contado iremos ata Viveiro, nun día no que analizamos o informe do Consello de Contas sobre os servizos básicos que se prestan nos concellos pequenos e con menos poboación de Galicia. O organismo fiscalizador dille á Xunta que case 100 municipios teñen carencias para financialos.

E hoxe tarde de baloncesto co UniFerrol na Eurocup feminina, ás nove e cuarto o Depor masculina ten partido de liga en Riazor.

Galicia Informativos
Más opciones