Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 20/12/24
20/12/2024
09:57
Noticias de Galicia - Novas de Galicia en Rne
En dez minutos as rúas de numerosas localidades galegas vanse encher coas mobilizacións en repulsa do asasinato de Rejane Soares, o último caso investigado como violencia machista na nosa comunidade. A xuíza xa decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home que fora a súa parella durante os últimos once anos. Agora está a ser investigado por un delito de asasinato.
Na política, non se vai ampliar o plan de traballo da comisión de investigación sobre contratación pública, tal e como pretendía o BNG. Os populares rexeitaron a proposta esta tarde. A comisión queda pendente agora de aprobar o dictame, algo que podería suceder xa a próxima semana.