Informativo Galicia 19:50 - 24/01/25
Pras vindeiras horas agárdase o peor do temporal en Galicia. Esta tarde o vento xa soprou con forza, con refachos que nalgún caso superaron os 130 quilómetros por hora na costa de Lugo. Gran parte da frota estivo amarrada e rexistráronse algunhas incidencias. O 112 contabilizou case 170. A maioría, pólas caídas e contedores desprazados. En Viveiro, unha muller e a súa filla resultaron feridas ó saír voando un quiosco. Na Laracha, un condutor saíu da vía ó tratar de esquivar un colector. E en Xermade, en Lugo, desprendeuse unha marquesina e caeu sobre un coche aparcado. Ademais, estiveron suspendidas as actividades no exterior nos centros educativos e tamén no deporte federado en case un cento de concellos. Algúns deles mesmo optaron por pechar praias, parques e xardíns. Xa durante a noite o máis significativo serán as chuvias, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra