Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 01/02/23 -
01/02/2023
10:00
A actualidade galega pasa hoxe polo eido ferroviario.
Na procura dunha mobilidade máis ecolóxica a Unión Europea ven de seleccionar un proxecto piloto de pra unir por tren A Coruña e Lisboa. Precisamente esta tarde reuniuse na capital portuguesa a Rede de Cooperación Transfronteiriza que trata este tema.
Mentres, no xuízo do Alvia, a actual directora de Seguridade de Adif, Esther Mateo, recalca que o motivo do descarrilamento en 2013, foi a desatención do maquinista por unha chamada do interventor de Renfe que non cumpría co procedemento habitual.