Galicia Informativos   Informativo Galicia 19:50 - 02/02/23 02/02/2023 09:58

O fin da campaña de Nadal está detrás do aumento do paro no mes de xaneiro. En Galicia subiu en 2.826 persoas, 2 puntos máis co mes anterior. Máis de 145.000 persoas están sen traballo, un 70% pertencen ao sector servizos.

Nuns minutos veciños e asociacións feministas concentraranse diante dos xulgados de Lugo contra o acordo xudicial que rebaixou a condena a cada un dos acusados de agredir sexualmente durante anos dunha menor da súa familia en Baleira.

Galicia Informativos
Más opciones