Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 02/07/21
02/07/2021
09:59
As festas privadas coma as do San Xoán e o gromo orixinado en Mallorca deixan en Galicia un regueiro de novos contaxios. Son xa 184 os casos positivos relacionados co brote das Baleares.
Ante o medo a que siga medrando a incidencia da COVID a raíz dos botellóns, a Xunta, a Delegación do Goberno e mai-los concellos reforzan esta fin de semana a vixilancia nas rúas.