Liberdade pro último detido polo crime de Samuel Luiz... A audiencia provincial da Coruña non ve motivos pra manter ó mozo en prisión provisional... Neste momento hai tres implicados en prisión... e outros dous en centros de menores...
É a última nova que nos deixa unha xornada na que xa sabemos un pouco máis dos seguintes pasos a dar polo pesedegá.. de momento Gonzalo Caballero seguirá como voceiro parlamentario tras perder as primarias con Valentín González Formoso.. o alcalde das Pontes e presidente da Deputación coruñesa gañou en 112 dos 175 centros electorais habilitados... Arteixo, Camariñas, Mazaricos, Padrón, Porto do Son ou Ribeira son das poucas agrupacións nas que venceu Caballero.
E no Pazo do Hórreo a conselleira de Emprego e Igualdade explicou as novidades pra fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero... tamén anunciou un plan de apoio ó emprendemento no rural.