Galicia Informativos
Informativo Galicia 19:50 - 03/02/22
03/02/2022
10:00
Rematou o pleno no congreso, sae adiante o decreto lei da reforma laboral, faino co voto en contra do BNG e con concentracións da CIG por toda Galicia pra esixir a derrogación da reforma do PP...
QUE TAL MOI BOAS TARDES, é unha das principais novas dun día no que a xunta anuncia que as persoas que pasasen a covid poderán vacinarse da terceira dose un mes despois, sen agardar cinco, a decisión é de cada cidadán, voluntaria.
Todo nun día no que un home acaporou parte da atención. O chamado rambo galego xa pasou a disposicion xudicial tras ser detido de noite en Valdoviño, e un xulgado de ferrol ordenou o seu ingreso no cárcere pra continuar a condena por asasinato.. levaba un ano fugado.